Benvid@s!!

Este é o blogue do Departamento de Orientación do CEIP Fogar de Carballo.

Este espazo nace coa ilusión e ganas de acercarvos todas as novidades e recursos que resulten interesantes para a nosa comunidade educativa no ámbito da orientación.

Benvid@s!!!

Categorías: Uncategorized | 7 Comentarios

18 de febreiro – Día Mundial da Síndrome de Asperger

O pasado 18 de febreiro, celebrouse o Día Mundial da Síndrome de Asperger.

Para que poidamos entener e comprender un pouquiño mellor o que significa, aquí vos deixamos dous enlaces. O primeiro diríxevos á Federación Española de Asperger, que contén un montón de información realmente interesante. O segundo é un pequeno vídeo que axuda a comprender e a convivir con persoas que están diagnosticadas de Asperger.

Esperamos que vos gusten!!

dia aspergerhttp://www.asperger.es/

huugohttp://www.youtube.com/watch?v=mzl33DR2rnM

Categorías: ATENCIÓN Á DIVERSIDADE, ÚLTIMAS NOVAS | Deixar un comentario

Cuerdas

Na última edición dos Premios Goya esta fantástica curtametraxe alzouse co premio á mellor curta de animación…moi merecido!!!

Pedro Solís é o director desta bonita historia. Aquí vola deixamos…que a disfrutedes!!!

portada_cuerdas_lowhttp://www.youtube.com/watch?v=sI83qPIS_fg&feature=youtu.be

Categorías: ÚLTIMAS NOVAS, FAMILIAS | Deixar un comentario

30 de xaneiro, DÍA DA PAZ

O vindeiro día 30 de xaneiro festexaremos o Día da Paz.

Seguro que tendes un montón de ideas e recursos para traballar na aula, pero quixemos colaborar deixándovos uns interesantes enlaces en torno á figura do recentemente falecido Nelson Mandela.

tumblr_m55yxymTsz1rw6j6yo1_500

Esperamos que vos gusten!!

  • Completa  recompilación de material sobre Nelson Mandela para o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, do blogue  Crea y aprende con Laura
Categorías: PROFESORADO | Deixar un comentario

Bailamos?

Interesante e necesaria reflexión sobre o tempo adicado aos nosos fill@s e a maneira de educalos de cara a un futuro.

Bailamos?

bailamos-nina-video-estudia-default

http://www.youtube.com/watch?v=WsxhD6p5p70

Categorías: FAMILIAS | 5 Comentarios

CAPPACES

Compartimos un enlace que nos parece moi, moi interesante. Un blogue que ten como obxectivo principal o compartir con outras familias información sobre as aplicacións que dan bo resultado no traballo cos Ipads. Bruxuleade un pouco na xenerosa experiencia desta nai co seu fillo, paga a pena!!!

cappaces2

http://cappaces.com/cappaces-com/

Categorías: ALUMNADO, FAMILIAS, PROFESORADO | Deixar un comentario

Unha boa nova!!!

No xornal de hoxe, sábado 19 de outubro, atopamos unha boa nova sobre a investigación da síndrome de X-Fráxil.
Científicos de EEUU achan un método para restaurar a memoria nos pacientes que teñen X fráxil. Aquí vos deixamos o enlace ao artigo.

la-x-fragil

Categorías: ÚLTIMAS NOVAS, FAMILIAS | Deixar un comentario

Un novo blogue…PINGAS DE CORES!!!

Comezamos o curso con moitas ganas e ilusión e podedes comprobalo se clicades na imaxe da nube con pingas de cores!!

A profe Sofía de PT e o seu alumnado están a colgar nun blogue chamado PINGAS DE CORES todas as actividades que fan na escola. É realmente fantástico!! Seguro que vos gusta e aprendedes un montón con eles!!

Preparados para voar, soñar, aprender e pasalo xenial? Pois adiante!!!

18969119-vector-de-dibujos-animados-de-nubes-y-gotas-de-arco-iris--tarjeta-divertida-abstractohttp://pingas-de-cores.blogspot.com.es/

Categorías: ALUMNADO, FAMILIAS, PROFESORADO | 2 Comentarios

BOLSAS NEAE 2013 -2014

images

O pasado 19 de agosto publicouse no BOE a resolución pola que se convocan as axudas do curso 2013-2014 para alumnado con necesidade específica de apoio educativo (NEAE).

Dende o colexio estamos a poñernos en contacto con todas as familias que tendes opción a estas axudas. Pero si  queredes máis información  aquí vos deixamos dous enlaces con todos os detalles:

Categorías: ÚLTIMAS NOVAS, FAMILIAS | 2 Comentarios

Que é o acoso escolar?

Interesante páxina con moita información sobre o acoso escolar e que nos ofrece multitude de recursos de como abordalo. Dirixido a alumnado, profesorado e familias.

No_Bullying_circle

Categorías: ÚLTIMAS NOVAS, FAMILIAS | Deixar un comentario

Novidades en investigación sobre o AUTISMO

Clicade na imaxe ou no enlace para poder ler un artigo sobre as últimas novidades en avances científicos acerca da orixe e causas do autismo.

safe_imagehttp://desafiandoalautismo.org/en-busqueda-de-marcadores-biologicos-para-el-autismo/

Categorías: ÚLTIMAS NOVAS, FAMILIAS | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com. The Adventure Journal Theme.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

%d bloggers like this: